A libraría Aenea de Santiago acolle unha escolma de imaxes do libro ‘50 lugares máxicos de Galicia’, de Carlos Gabriel Fernández
Pasar por baixo da Pedra dos Cadrís co fin de curar males des riles, lanzar nove pedras á ermida de San Cibrán de Tomeza para espantar o meigallo, coñecer os poderes fertilizadores atribuídos ao miliario de Guizán ou aliviar as dores de cabeza cos croques de San Brais de Aguete son algunhas das imaxes que recolle a exposición de fotografías escollidas do
libro ‘50 lugares máxicos de Galicia’, de Carlos Gabriel Fernández.